viernes, 29 de noviembre de 2019

ESTE NADAL REGALA CONSCIENCIA

Achégase o Nadal, e nestas datas moitas persoas buscamos a fórmula para non caer no consumismo excesivo e no "comprar por comprar". Algunhas persoas xa romperon cos compromisos establecidos de ter que regalar porque o marca a sociedade, outras decidiron preparar os seus propios agasallos, materiais ou non, e outras familias organizáronse para non encher a árbore con 10 agasallos para cada miembrx.

 Dende Artessannia ofrecémosche unha proposta máis: se che apetece regalar algo... regala consciencia!!!! Preparamos un catálogo de agasallos elaborados de forma artesanal por persoas que poñen moita dedicación, paixón e amor ao que fan. E ademais son agasallos que nos convidan a ver o mundo doutra maneira, que enchen de enerxía positiva a nosa casa e nutren o noso pensamento, as nosas emocións e o noso corpo. Tamén ofrecemos experiencias que axuden ás persoas que queres no seu desenvolvemento persoal. 
Iremos actualizándoo ao longo deste mes de decembro. Na última páxina contámosche como podes facernos os teus pedidos.  Desexamos que che guste! E se che parece unha boa iniciativa agradecemos que a compartas. Graciñas e Bo Nadal!


















No hay comentarios:

Publicar un comentario