Buscamos crear unha pequena tribu para celebrar o SOLSTICIO DE VERÁN a través da noite de San Xoán, intimamente ligada ao Sol e ao lume. Este elemento axudaranos a purificar, sanar e deixar ir o que non nos axuda a avanzar para despois construir dende a conexión interior e o amor todo o que desexemos.
Unha fin de semana para compartir, conectar coa Natureza e con nós mesmas/os nun entorno máxico e especial: SATCHITANANDA COMUNIDADE.
O centro atópase nos arredores dunha aldea pequena chamada SANTA BAIA DE ANFEOZ en Ourense, rodeado dun bosque, a 500m do río Elas e 4,5km do río Arnoia. Na súa web www.satchitanandacomunidad.org, pódense ver fotos do lugar e arredores, a comunidade, centro e información adicional.
O lugar onde está fincada a Comunidade ten 90 anos de tradición na sanación, desde os 30 cun médico novo que ía descalzo; desde os 70 cun sanador-naturista; e agora co Ioga Integral e a Nutrición dende o 2013.
Ofreceremos ACTIVIDADES ao longo de toda a fin de semana para quen desexe espertar o seu Agni (lume interno) e orientalo ao cambio de vellas estruturas que xa non serven. Así, teremos a oportunidade de disfrutar das seguintes actividades:
- Taller de construcción de tambor chamánico* (Opcional).
- Temazcal* (Opcional)
- Ioga inspirado en Bowspring.
- Ioga.
- Biodanza
- Expresión corporal.
- Circulo de tambores.
- Sendas conscientes.
- Concertos e improvisaciónn creativa.
- Balneario de barro.
Sábado 22
Recepción:
10:00 Asistentes ó taller de tambores
16:30 Participantes só actividades
Domingo 23
Durante toda a xornada compartiremos actividades e á noitiña, reunirémonos arredor do Lume para celebrar esa noite máxica con rituais, música e danza.
Ademais, durante o día, poderemos disfrutar de Sendas Conscientes polo entorno, visita e baño nos ríos, e balneario de barro.
Ademais, durante o día, poderemos disfrutar de Sendas Conscientes polo entorno, visita e baño nos ríos, e balneario de barro.
Luns 24
Despedida e peche das xornadas.
O CUSTE da fin de semana completa son 180€ e inclúe: aloxamento en pensión completa e actividades dende o sábado ás 16:30 ata o Lúns ás 12:00.
O CUSTE da fin de semana completa son 180€ e inclúe: aloxamento en pensión completa e actividades dende o sábado ás 16:30 ata o Lúns ás 12:00.
O Custe con aloxamento en pensión completa e actividades dende o sábado as 10:00 , para facer o taller de tambor son 310€, ata o Lúns ás 12:00.
Se queres acudir so a noite do 23 de xuño ,se queres acudir so ó taller de construcción de tambores ou se queres acudir so ó Temazcal, consúltanos prezos.
Se queres acudir so a noite do 23 de xuño ,se queres acudir so ó taller de construcción de tambores ou se queres acudir so ó Temazcal, consúltanos prezos.
Se queres acudir pero tes dificultades para facer a aportación, consulta con nós outras opcións de participación.
Máis información e inscricións:
659.55.39.38 (Naiara González)
naiaragonzalezf@gmail.com
latribudelritmogalicia@gmail.com
Artessannia.blogspot.com